DIÁLOGOS UNIVERSIDADE/MAIORES NO SÉCULO XXI
Salón de actos Edifico CINC (AMTEGA)
Cidade da Cultura, Gaiás
SANTIAGO DE COMPOSTELA, venres, 11 de marzo de 2022. 

As xeracións de maiores do século XXI demandan un novo concepto de xubilación, considerado como unha situación administrativa, na que os proxectos de vida continúen coa finalidade de realizar actividades de aprendizaxe, fortalecemento de competencias, gozar dun lecer satisfactorio; cunha vida activa e participativa no ámbito social, político, familiar…
A Universidade, no seu compromiso social, está obrigada a ofrecer a posibilidade de impartir unha «formación permanente» ás persoas maiores que o soliciten, independentemente do lugar onde residan, utilizando todos os medios tecnolóxicos dispoñibles na actualidade e os que se porán en marcha nun futuro próximo.

Isto é o que impulsa a FEGAUS a iniciar un Diálogo Universidade/Maiores no século XXI, que permita, entre todos, coñecer as necesidades e os retos que hai que afrontar para atender ás persoas maiores no século XXI.

A FEGAUS, Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniores, está a executar nestes momentos o seu plan estratéxico 2021/2025 co fin de prestar axuda a todas as persoas maiores de Galicia que desexen seguir formándose ao longo da súa nova vida, facilitando os medios para que o consigan, ben de modo presencial dentro das aulas universitarias, ou mediante a formación en liña.

Xunta Directiva da FEGAUS.

Transmisión en directo en liña, ligazón:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario