GRADUACIÓN DE LA 12ª PROMOCIÓN

DE LOS ALUMNOS DE LA UNIVERSIDAD DE A CORUÑA.

Sr. Reitor, grazas por presidir este acto de graduación do alumnado de Ferrol e A Coruña, tan emotivo para nós.

Grazas tamén, Sras. Vicerreitoras, Sra. Directora da Universidade Sénior. Moitas grazas, pois, a todos os componentes da mesa.

 … E grazas ao público asistente e, de maneira especial, as compañeiras e compañeiros desta 12ª promoción.uni-senior-3525273-15_g

Neste catro cursos, nos que compartimos aula na Universidade Sénior, existíu una grande interacción entre o profesorado e o alumnado. Confirman a existencia deste bo entendemento as moitas veces nas que, ao remate de clase, batimos as mans con xenio e a ledicia alumeaba nas nosas caras. E iso foi así porque o profesorado impartiu ben as materias, utilizando os recursos didácticos más axeitados para un heteroxéneo grupo sénior.

Nós, pola nosa banda,  tivemos constantes intervencións para tratar de clarexar conceptos ou aumentar coñecementos. Penso que ao profesorado e ao alumnado desta promoción, non se lles pode pedir máis.

Sería bo, tendo en conta que como alumnado rematamos unha camiñada de catro anos, poder atopar puntos de encontró, que os hai, que nos permitan conservar esta unión e compartir, nos tempos de lecer, ideas, ilusións e inquedenzas. E sabemos facelo.

Por iso, e remato xa, escollo para despedirme, aquela esperanzadora frase de futuro da escena final de película Casablanca: Isto pode ser o comezo  dunha fermosa amizade.

Grazas, moitas grazas.

José Antonio Lema

(alumno de A Coruña)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment