Visita cultural da Asociación Aulas Abertas do Programa de Maiores da U-Vigo
do campus de Ourense.
A chegada dos 23 membros participantes, foi recibida por Aurora, filla de Manuel Blanco Villar, o creador e artícife do maior museo etnográfico de Galicia, que abríu a visita o Museo Etnográfico de máis de 2000 m2 de espacio expositivo, distribuidos en tres edificios onde se exponen máis de 4500 pezas do noso pasado como aperos de labranza, oficios esquencidos, fornos tradicionais, forxas, etc… espalladas en trece salas expositivas onde se recrean os oficios de antaño, a malla, a moenda, a fia do liño, una escola e ata una taberna da época.
Pero dentro dos méritos máis destacados do proxecto de Manuel Blanco Villar, no meu entender son dous, os de máis relevancia e interés galego:
Un é a restauración integral da Aldea de Codeseda-Doade na que se ubica a totalidade do conxunto museístico que non deixa indiferente a ninguén que o visite, pola calidad e respeto do medio ambiente e a recuperación de antiguos oficios como a fia do liño, a sementeira , a malla, etc… das que xa se levan celebrando una veintena de edicións.