Autor: Lino Fortes Pousa, 
Botánica II: Arquegoniadas (2º Grao de Bioloxía), 
Profesora: Marisa Castro. 

O gando mantíñase principalmente no monte, unhas 936 hectáreas. Cando unha vaca paría quedaba
na casa e pacía nos mellores prados mentres daba leite e mantiña o becerro, pero cando se vendía o
becerro e o leite empezaba a escasear, a vaca volvía para o monte, e o leite marchábaselle logo de
todo. Isto era así, porque pasto só se tiña para dúas ou tres paridas, dependendo da época do ano, o
resto tiñan que ir para o monte, aínda que os dous anaquiños que había con rega, daban tantas
racións de pasto coma todo o resto dos 7.000 m2 de pradeiras secas.

De aí, a teima durante toda a miña vida en conseguir xuntar as 12 parcelas en unha, dúas ou tres pezas e poder levarlle auga a cada unha ou facerlle un pozo. Desa maneira podíase multiplicar por tres o número de vacas e por cinco ou seis os litros de leite e «tetillas». Só con xuntar os campos de herba en dúas pezas, as parcelas de labradío en tres e as carballeiras e xesteiras en catro, daquela a miña familia podíanse alimentar quince ou dezaoito vacas contando co monte, porque as xesteiras tamén se podían converter en pradeiras.

PDF DEL TRABAJO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario