O Alumnado do IV Ciclo de Lugo

visitamos, sentimos e saboreamos Estremadura.  

En primeiro lugar ao traballo incansable da nosa presidenta Lucía Saavedra que se encarga de toda a organización dende o mes de xaneiro de cada ano, cunha precisión de reloxo suízo e cunha dedicación e xenerosidade nunca dabondo recoñecida.
En segundo lugar a Xosé Valcarcel, o noso secretario, pendente en todo momento das necesidades de todas as viaxeiras e viaxeiros e animando e informando de calquera eventualidade.
En terceiro lugar ao noso condutor Xosé que nos levou con seguridade, paciencia e bo humor durante toda a viaxe.
Por último, e non por iso menos importante, o éxito dunha viaxe débese tamén á xente que viaxa. Un grupo magnífico, con espírito viaxeiro, que non turista, como diría Xosé Valcarcel. Verdadeira xente viaxeira que non só pasa mirando os lugares senón que pasa sobre todo sentíndoos.
Estremadura deixase sentir, co seu cheiro a “jara” e a uz. As súas paisaxes de aciñeiras e sobreiras nos que viven libres centos de vacas retintas, de porcos ibéricos ou de ovellas merinas que logo encherán os padais dos visitantes de sensacións felices.
Unha terra marabillosa na que un grupo de galegas e galegos pasamos uns días inesquecibles.

María Xosé Meilán García – xuño 2017

EN EL PDF DISPONÉIS DE TODA LA INFORMACIÓN

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario