RECOÑECEMENTO PARA «SPEAKSPEARE!» DO TALLER EUROPEO DA UNIVERSIDADE SÉNIOR.
O pasado ano académico 2014-2015, o Taller Europeo da Universidade Sénior da Universidade da Coruña puxo en marcha dúas experiencias innovadoras dentro do marco do Proxecto Europeo «ACTing – Axentes Sociais para a promoción dun Envellecemento Activo a través das TIC», do que a Universidade Sénior é entidade colaboradora.
En colaboración cos nosos socios flamencos do Het Perspectief de Gante (Bélxica) desenvolveuse un Clube de Poesía On-Line baixo a denominación “En-RED-Versados”no que os alumnos e alumnas belgas e galegos aprenderon a manexar un blog, usar a redes sociais, … compartindo e comentando os seus poemas preferidos . Este blog ten acadado en menos dun ano mais de 11.000 visitas.
Có nome “SpeakSpeare! – Falamos con William” , levouse a cabo unha iniciativa singular en colaboración cos nosos socios da Universitá di Tempo Libero de Scandiano (Italia) para a mellora das competencias lingüísticas en lingua inglesa mediante o uso das TIC e có teatro de William Shakespeare como elemento motivador. Os alumnos e alumnas participaron xunto aos seus compañeiros e compañeiras de Italia dun grupo de Facebook para compartir experiencias, información, …
A pasada semana, a experiencia “SpeakSpeare!” ven de ser recoñecida como asegunda mellor iniciativa tecnolóxica singular de entre as iniciativas presentadas en todo o estado español ao concurso ACTing e, deste xeito, é recoñecida como Boa Práctica a nivel europeo. Outra iniciativa galega, a do concello de San Sadurniño, é a iniciativa gañadora que optará ao premio a nivel europeo no mes de setembro.
Este recoñecemento é froito do esforzó e compromiso dos alumnos e alumnas que participaron en ambas iniciativas, e da aposta da Universidade Sénior da UDC pola participación en iniciativas transnacionales no eido da educación de adultos que ven desenvolvendo ininterrumpidamente dende o ano 2003.
Un magnifico trabajo de colaboración e integración Europea.
Felicidades por el éxito conseguido.
Alejandro.