Innovación social dixital e participativa.
Agora-Tecnoloxía, foi incluída no Plan dixital Inclusión de Galicia de 2020, a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUAS), o 18 de maio estaba presente na cerimonia de apertura do proxecto, presidida polo Presidente da Xunta de Galicia.
Impulsará a madurez dixital da cidadanía que emprega a tecnoloxía, ampliando a súa capacitación dixital para mellorar empregabilidade.
As actuacións previstas centraranse en executar un programa formativo de capacitación dixital avanzada sobre usos cotiáns das TIC (banca electrónica, compras on-line, trámites coa administración..) o desenvolvemento de accións formativas para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX), e a súa adaptación ás persoas con discapacidade.
Tamén se contempla o deseño e implementación de itinerarios formativos centrados na busca de emprego, elaboración do currículo, etc.
A Directora de AMTEGA Mar Pereira Álvarez
Promoverá a innovación social dixital, impulsando novas formas de facer, participar e relacionarse para resolver desafíos sociais empregando as TIC.
Para avanzar neste sentido, en primeiro lugar, fomentarase a adquisición das habilidades necesarias para participar activamente nos procesos de innovación social dixital.
Ademais, o Plan prevé a elaboración dun mapa de innovación social dixital de Galicia co fin de dar a coñecer as iniciativas de innovación social baseadas nas TIC que promoven a resolución de retos sociais na nosa comunidade e impulsar a creación dunha rede de mentores, asesores e expertos que actuarán coma guías no proceso de innovación social dixital, dinamizando actuacións e ofrecendo apoio e orientación a futuros emprendedores.
Actuará para reducir a primeira fenda dixital, a do acceso ás TIC, fomentando o seu uso básico entre os colectivos que nunca o fixeron.
Algunhas das accións máis relevantes son o reforzo do programa formativo en alfabetización dixital “Faite Dixit@l”; a impartición de cursos, talleres e charlas, ou a realización de sesións demostradoras para achegar o uso de dispositivos móbiles aos maiores, entre outras.
Esperamos a participación de sete campus das universidades galegas para garantir que todos os cidadáns poidan ter a información e formación nestas novas tecnoloxías, a impartir por nosa Federación de Galicia. (FEGAUS)
Santiago Moreno, Director General da Fundación Vodafone.
Alejandro Otero Presidente de FEGAUS.