A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA CELEBRA O DÍA DAS PERSOAS MAIORES AMPLIANDO A SÚA COLABORACIÓN CON FEGAUS PARA REFORZAR A CAPACITACIÓN DIXITAL DESTE COLECTIVO. 

¾ O departamento autonómico e Rede de Aulas CeMIt súmanse hoxe, 1 de outubro, a esta conmemoración coa sinatura dun novo convenio con Fegaus
¾ Con este acordo dáselle continuidade ao compromiso de seguir impulsando o envellecemento activo e a inclusión deste colectivo na sociedade dixital
¾ Cómpre lembrar que esta ano o Dia de Internet, celebrado en maio, estivo dedicado ás persoas maiores e á importancia de non deixar a ninguén atrás no proceso de transformación dixital
¾ A Rede CeMIT ten sido fundamental na incorporación das persoa maiores ao uso de Internet, cunha porcentaxe de o 28,81% de persoas usuarias de 55 ou máis anos
¾ Entre 2015 e 2020 o incremento no uso de internet entre as persoas de 65 a 74 anos foi do 152%
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2022.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia conmemora hoxe, 1 de outubro o Día Internacional das Persoas Maiores, reforzando o seu compromiso coa capacitación dixital deste colectivo. O departamento autonómico vén de asinar un novo convenio de colaboración coa Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), que dará continuidade ao obxectivo de seguir impulsando a inclusión das persoas maiores no mundo dixital e a favorecer un envellecemento máis activo e saudable.
Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030 e contribuirá a acadar o obxectivo establecido no compoñente 19 na súa inversión 1, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno español de que en 2025 máis de 45.000 persoas adquiran competencias dixitais.
O novo acordo permitirá ás persoas maiores acceder a formación para un uso seguro da banca electrónica, a través de diferentes xornadas nas aulas CeMIT, nas que se afondará no uso de tarxetas prepago, caixeiros automáticos, banca online etc.

10,00 h.- O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, asina co presidente da Federación Galega de Asociación Universitarias Sénior, Alejandro Otero, un convenio para a capacitación dixital das persoas maiores
foto xoán crespo

Afiánzase así unha longa colaboración co aliado dixital FEGAUS que colabora activamente coa Rede CeMIT, achegando desta oferta formativa á cidadanía, que contribuíu a qe en cinco anos, entre 2015 e 2020 o uso de internet entre as persoas de 65 e 74 anos se incrementara un 152% na Comunidade.
O papel da Rede CeMiT é chave para facilitar a accesibilidade das persoas maiores á tecnoloxía, facendo foco especialmente naquelas que residen en zonas rurais. Actualmente 28,81% de usuarios ten 55 ou máis anos. Ademais, presta especial atención ás persoas maiores con deterioro cognitivo, dependentes e en situación de especial vulnerabilidade.
Os cursos máis demandados
A través de seminarios, tanto presenciais como online, as aulas da Rede poñen a disposición da cidadanía o acceso á formación en diversos aspectos do uso da tecnoloxía para incrementar o seu uso e confianza no mundo dixital e mellorar a súa calidade de vida, aproveitando as vantaxes da tecnoloxía. Algúns dos seminarios e xornadas con máis demanda por parte das persoas maiores son:
· Manexo da ferramenta É Saúde, solicitude de cita médica e outras xestións.
· Uso de dispositivos (smarphones, tablets, apps).
· Manexo seguro de Internet (privacidade, seguridade na rede, protección antes estafas, fake news).
· Mellora da comunicación coa eAdministración e das competencias e habilidades para a realización de trámites e xestións en liña (compras online, administración electrónica…).
· Ocio dixital (reserva de viaxes, visitas virtuais, idiomas, etc.).
· Uso da tecnoloxía para axudarte no día a día ( estimulación física e mental, intelixencia artificial, etc.).
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega, que conta coa colaboración de 91 concellos e está integrada por 97 centros en 52 comarcas. Ten entre os seus obxectivos o de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
Actualmente a Rede está inmersa nun Plan de Reforma e Ampliación para incrementar nun 30% o número de aulas ata 2025, modernizar os centros, renovar o equipamento tecnolóxico e poñer en marcha un aula móbil para incrementar a área de influencia da Rede.
A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en:
Saúdos, comunicación da Xunta de Galicia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario