NUEVO PROYECTO DE FEGAUS. 

Preténdese levar un abrazo de calor humana a todos os galegos do mundo, unidos polo amor a Galicia e un idioma común “O Gallego”
O idioma únenos e identifícanos. É unha maneira de demostrar que o galego nace ao vir ao mundo un galego. O idioma pasa a ser desde ese momento o alimento da alma que lle fai sentir e levar a Galicia alá onde vaia.
Debemos poñer en valor, que unha persoa nada en Galicia e que, durante a súa formación obrigatoria, estuda galego, español e inglés dispoñemos de moitísimas vantaxes que outros cidadáns da nosa nación. Co coñecemento destes tres idiomas, domina todo o continente americano, parte de África e en toda Asía e Oceanía, atoparase coas tres linguas.
Por iso suxírese crear este proxecto para levar aos Centro galegos nosa cultura, personaxes históricos, lendas, paisaxe, gastronomía, música… nun traballo aberto que se poida separar en varios segundo a temática tanto para engadir contido coma para adaptalos a novas producións ou proxectos que o requiran.
Preténdese facer visible o capital humano de FEGAUS a través dun Proxecto, no que Galicia, a través do idioma galego chegue á maior parte da humanidade inter-actuando coas TIC, Centros Galegos, comunidades culturais, turismo… etc.
Se a biblia do galegismo » Sempre en Galicia» escribiuse en Badaxoz e por primeira vez publicase en Buenos Aires. O himno interpretase por primeira vez na Habana, e que nesta cidade xestase a fundación a Academia da Lingua Galega. » Follas Novas» de Rosalía de Castro, a obra fundamental do teatro galego, estrearse en Buenos Aires, e que no cemiterio da Chacarita, é o lugar do mundo onde repousan máis galegos.
Se gran parte de Galicia está fóra de Galicia, e Buenos Aires é a segunda cidade galega en poboación, a primeira Vigo, o proxecto de «A NOSA BELA GALICIA», deberá ser coñecida por todos os centros galegos, as aulas CeMIT e as asociacións de maiores de toda Galicia, cun temario para impartir de CULTURA DE GALICIA.
Utilizando as novas tecnoloxías e a experiencia de FEGAUS na formación EN LIÑA, levariamos a miles de persoas formación en información en directo de «A NOSA BELA GALICIA»
Atopámonos no proceso para que no mes outubro póñase en marcha este ilusionante proxecto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario