Presentación do VII Encontro Galego de Programas Universitarios para persoas maiores
“Pola democratización do coñecemento”

A Universidade Sénior acolle o día 11 de maio no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Coruña, unha nova edición do Encontro Galego de Programas Universitarios para persoas maiores.
O seu obxectivo é favorecer e por en valor a democratización do coñecemento; potenciando e difundindo o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos. Para acadalo, é preciso poñer en marcha accións específicas, desenvolvidas a través dos programas universitarios, que contribúan ao desenvolvemento formativo, cultural e social; que permitan avanzar cara un envellecemento activo, mellorando a calidade de vida e favorecendo o crecemento persoal e social entre os maiores.
Queremos animarvos a presentar as vosas experiencias e facer desta xornada un punto de encontro e de diálogo, para todas aquelas persoas comprometidas coa mellora das competencias asociadas á formación permanente e a aprendizaxe ao longo de toda a vida, como compromiso dos nosos programas para maiores.

Matilde García Sánchez
Directora Universidade Sénior-Universidade da Coruña

TODA LA INFORMACIÓN PARA DESCARGAR:

PRESENTACIÓN VII ENCONTRO PUMS – GA

Cartel Encontro PUMs 2017

Folleto Encontros Galegos 2018 – diptico

DESTINATARIOS
Está destinada a persoal docente e investigador e mailo alumnado dos diferentes programas universitarios para persoas maiores que se desenvolven no ámbito da nosa comunidade autónoma.
Polo que, para presentar os Pósters, é requisito imprescindible ter este perfil.

ORGANIZACIÓN
Comité organizador
O comité organizador do VII Encontro Galego de Programas Universitarios para Persoas Maiores está composto por Persoal Docente Investigador da Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
• Dna. Matilde García Sánchez. Directora do PUM da Universidade Sénior-Universidade da Coruña.
• D. Alberto Sucasas Peón. Subdirector do PUM da Universidade Sénior- Universidade da Coruña.
• Dna. Esther Olveira Olveira. Directora do PUM, IV Ciclo Universitario da Universidade de Santiago de Compostela
• Dna. Teresa Rodriguez López. Coordinadora do Campus de Lugo do PUM, IV Ciclo Universitario da Universidade de Santiago de Compostela.
• D. Miguel Nombela Castaño. Director do PUM, Aulas de Formación Aberta da Universidade de Vigo.
• Dña. Marisa Castro Cerceda. Coordinadora do Campus de Vigo do PUM, Aulas de Formación Aberta da Universidade de Vigo.
• D. José Mª Pazos Couto. Coordinador do Campus de Pontevedra do PUM, Aulas de Formación Aberta da Universidade de Vigo.
• D. Alberto Vaquero. Coordinador do Campus de Ourense do PUM, Aulas de Formación Aberta da Universidade de Vigo.
Colaboran: Asociación de Alumnos e Ex-alumnos da Universidade Sénior da Coruña (ADAYEUS)

Comité científico
O comité científico do VII Encontro Galego de Programas Universitarios para Persoas Maiores estará formado por profesores doutores da Universidade da Coruña.
• Dna. Matilde García Sánchez. Área de Ciencias da Saúde
• Dna. Esther Olveira Olveira. Área de Ciencias da Educación
• D. Alberto Sucasas Peón. Área de Ciencias Sociais e Humanidades
• Dña. Pilar García de la Torre. Área de Ciencias Sociais/ Ciencias da Saúde
• D. Rodolfo Barreiro Lozano. Área de Ciencias
Dito comité será o responsable de avaliar os Abstracts recibidos dacordo aos seguintes criterios:
• Orixinalidade e carácter innovador da proposta.
• Pertinencia dos obxectivos perseguidos coa actividade.
• Relevancia dos resultados previstos ou logrados có proxecto.
O Comité Científico reservarase o dereito de solicitar información adicional sobre o contido dos resúmenes se así o considera necesario.
A resolución do Comité Científico será comunicada por correo electrónico á persoa de contacto indicada no formulario de envío.

INSCRIPCIÓN E CERTIFICACIÓN
Prazo de inscrición aberto ata o 20 de Abril
A inscrición realizarase utilizando o seguinte formulario electrónico: se realizará utilizando el siguiente formulario electrónico: https://universidadesenior.wordpress.com/2018/02/28/encontro-galego-de-pums-formulario-de-inscricion/
O prezo da inscrición é de 25 euros e proporcionarase tanto a poñentes como a asistentes unha certificación acreditativa da súa participación.
A inscrición no encontro inclúe a documentación, pausa-café, xantar de confraternización e a visita guiada ao Aquarium Finisterrae.
Os traslados dos asistentes son por conta da súa Universidade de orixe.
Nota: As actividades do Encontro serán fotografadas e/ou gravadas en vídeo para a súa difusión posterior, polo que a inscrición nas mesmas leva implícito que tanto asistentes como poñentes outorgan necesariamente o seu consentimento para a difusión do evento por medios gráficos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment