A Xunta e os universitarios séniors promoven o consumo responsable entre maiores. 

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, asinaba onte o convenio entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (Fegaus)

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, asinou onte o convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors, que agrupa ás asociacións de alumnos e ex alumnos dos programas de maiores das tres universidades de Galicia, para promover o consumo responsable entre as persoas maiores.

O acordo permitirá a realización conxunta de actuacións formativas sobre consumo responsable dirixidas especificamente ás persoas maiores. Así, incluirá a realización de cinco seminarios sobre diferentes temáticas de consumo responsable de interese para as persoas maiores, como consellos para mercar a través de internet, fora de establecementos mercantís, a factura da luz e do gas, o novo bono social, a telefonía e asistencias técnicas, así como os dereitos das persoas consumidoras e usuarias e a resolución de conflitos de consumo nos devanditos ámbitos.

O convenio inclúe a celebración de cinco seminarios centrados nas compras a través de internet ou fora dos establecementos mercantís, a contratación de servizos de asistencia técnica, telefonía, e internet ou a factura da luz e do gas

Os seminarios, deseñados e impartidos pola Escola Galega do Consumo, impartiranse a través da plataforma de Fegaus, Ágora Canal Sénior, nas seguintes modalidades: presencial (nas instalacións do IGCC), telepresencial (mediante a propia plataforma de teleformación de Fegaus) e online (na videoteca de Fegaus). Os interesados en asistir a estes seminarios, que se desenvolverán ata outro, poderán solicitar a súa reserva de praza a través da plataforma de Fegaus Ágora Canal Sénior, http://canalsenior.es/fegaus/.

As actividades que se impartirán de acordo a este convenio forman parte do programa de accións formativas que o Instituto Galego do Consumo e da Competencia realiza para promover o consumo responsable entre a poboación galega, desde escolares ata persoas adultas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment