Neste curso hai 578 alumnos e alumnas matriculados nos ciclos intensivo e integrado. 


Preto de 6000 estudantes sénior pasaron polo Programa de Maiores dende que botou a andar en 2002.
O alumnado salienta que é unha experiencia enriquecedora tanto intelectual como socialmente

Profesionais da avogacía, do sector da banca, persoal funcionario, responsables de empresas, docentes… Todos e todas atoparon, tras a súa xubilación, no Programa para Maiores un punto de encontro, un lugar onde seguir formándose, ampliar horizontes e cultivar novas experiencias e relacións. Estas aulas sénior botaron a andar en 2002 e, dende ese momento, a súa aceptación entre as persoas xubiladas foi crecendo ata consolidarse na actualidade con preto de 600 estudantes cada ano. Neste curso hai 586 alumnos e alumnas matriculados entre o ciclo intensivo e o integrado e, dende que se puxo en marcha, pasaron polas súas aulas 5814 alumnos e alumnas de máis de 55 anos. Prueba del capítulo en PD1
O programa impártese nos tres campus da Universidade e comprende tamén actividades paralelas como excursións, visitas a museos, relatorios de persoeiros convidados, obradoiros prácticos, etc. Esta iniciativa xorde como unha “opción para a formación en todas as etapas da vida, e está pensado para as persoas que deixan a vida laboral ou que consideran que poden compatibilizala a partir dos 55 anos cos seus estudos”. Ademais, aposta pola adaptación dos seus contidos aos cambios relacionados coas novas tecnoloxías e por potenciar o papel dos estudantes sénior como dinamizadores da súa propia contorna social e cultural. Neste sentido, Marisa Castro, responsable do programa no campus de Vigo, destaca que se trata “dunha formación permanente durante a vida, non dunha actividade social” e lembra que este tipo de programas, que se están a desenvolver por toda Europa, non se basean en ocupar o tempo de lecer, senón en adquirir coñecementos nunha etapa da vida na que se pode dispor de máis tempo libre para retomar os estudos, amplialos noutros ámbitos ou comezalos, no caso das persoas que non puideron facelo na súa xuventude. Tamén subliñan a dedicación do profesorado deste programa, que emprega voluntariamente o seu tempo a impartir as clases.
Un programa en constante crecemento
O Programa para Maiores arrancou no curso 2002-2003 con 86 estudantes e foi incrementando a súa masa crítica ano a ano, ata chegar aos 578 actuais. O pico de matrícula rexistrouse no curso 2015-2016, con 635 inscritos. Neste tempo tamén se foi modificando a súa estrutura, que actualmente consta dun ciclo intensivo, deseñado para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, ofrecéndolles un espazo para o intercambio de coñecementos e experiencias científicas e culturais, e por outro lado, dun ciclo integrado, máis centrado nas relacións interxeracionais. Deste xeito, o ciclo intensivo comprende un programa didáctico propio de 54 créditos, de xeito que os estudantes elixen as que máis se achegan aos seus intereses. O ciclo integrado, con 36 créditos, cúrsase xunto co resto do alumnado de estudos regrados, nas mesmas aulas e horarios e en igualdade de circunstancias, coa excepción de que non teñen que someterse ao proceso de avaliación do estudantado de grao. Deste xeito, o alumnado sénior deseña os seus cursos académicos adaptándoos á súa dispoñibilidade, necesidades e intereses.
O Programa para Maiores botou xa con maioría feminina nas aulas (54 fronte a 32), algo que se foi repetindo como unha constante ata a actualidade. Nas tres primeiras edicións o programa comprendía un só curso de duración e, aínda con todo, a matrícula foi crecendo gradualmente, pasando a 184 e, despois, a 231 en 2004/2005. No seguinte curso o programa pasou xa a ter dous cursos de duración e a consolidarse o incremento social por esta iniciativa e, dez anos despois da súa posta en marcha, no curso 2012/2013 contaba xa con 451 matriculados e matriculas, quedan xa moi lonxe os algo máis de 80 iniciais. O curso máis numeroso foi 2015/2016 no que nas aulas do programa había 635 estudantes sénior, sendo 254 homes e 381 mulleres. Precisamente nese ano foi cando se puxo en marcha a nova estrutura do programa, en resposta ás demandas do propio estudantado, que solicitaban manter unha vinculación máis intensa coa Universidade. Deste xeito, implantouse a estrutura actual, que dá maior liberdade de elección ás persoas que nel se matriculan e lles permite integrase de xeito máis directo co resto da comunidade universitaria.
Case 600 estudantes sénior na actualidade
No curso actual son 578 as persoas matriculadas, 450 deles no ciclo intensivo e 128 no integrado, sendo 359 mulleres e 219 homes. Por campus, 150 pertencen a Ourense, 92 a Pontevedra e 336 a Vigo. Todas e todas teñen como único requisito seren maiores de 55 anos. De feito, a meirande parte do alumnado está entre os 65 e os 75 anos (324 persoas) ou por debaixo dos 65 (212) pero tamén os de maior idade se animan a probar esta experiencia de formación continua durante a vida e o programa conta con dúas persoas matriculadas de máis de 85 anos. Entre os estudantes de máis idade está Antonio Franco. Este funcionario da Seguridade Social, “ademais de decorador e pintor”, como el mesmo explica, recoñece ser “unha persoa inquieta e non me apetecía meterme na casa e quedarme nun sofá”. A súa maneira de entender a xubilación levouno ao Programa de Maiores, no que está piques de graduarse. Anima todos as persoas sénior a matriculares, tanto por “adquirir coñecementos, que é moi importante, como polo ambiente verdadeiramente marabilloso, as clases, os compañeiros, as amizades…”.
A maioría dos estudantes, como Andrés Valiñas, de 66 anos, ou Cristina Fernández, da mesma idade, apuntan que se matricularon nas aulas sénior buscando facer unha actividade complementaria, construtiva e formativa e reafírmanse como estudantes da Universidade en todos os sentidos. Para Feliciano González e Leonardo Pérez, funcionarios xubilados, é moi importante, “tras unha vida laboral foi moi intensa en materia técnica, poder diversificar os coñecementos”. En xeral, coincide o alumnado en cualificar a súa experiencia como enriquecedora, socialmente atractiva e chea de oportunidades para establecer relacións humanas, que son moi importantes para manter a mente activa. Como resume Milagros Blanco, profesora de Primaria xubilada, “non se pode chegar a esta idade e non facer nada, a vida segue e hai que seguir adquirindo coñecementos, ser útil, estar contento e traballar a saúde mental e física; isto tiña que recomendalo o médico de cabeceira!”.
Do outro lados dos pupitres están Alfonso Pérez, Francisco Vázquez e Patricio Sánchez, tres dos docentes deste programa, que destacan por riba de todo a implicación e a participación do alumnado na clase. “É unha experiencia moi boa e unha ensinanza moi agradecida”, salienta Pérez, “porque o estudantado ten unha disposición moi positiva, unhas motivacións que non son as mesmas ca noutros momentos da vida académica e isto, xunto coa distribución das materias, facilitan unha boa relación”. A falta de tensión polas cualificacións converte a docencia nun intercambio de coñecementos dinámico, comunicativo e cómodo, explican os docentes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment