Para aprender nunca é tarde.

Pouco antes de que os novos titulados e tituladas en Publicidade e RRPP recibiran as súas bandas e diplomas, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte fixeron o mesmo os once novos graduados e graduadas sénior que neste curso completaron no campus o Ciclo Intensivo do Programa para Maiores da Universidade.

gal5

Acompañados polo vicerreitor do campus; o decano, Vicente Romo; o coordinador do Programa para Maiores da Universidade, Miguel Ángel Nombela; a responsable deste programa no campus, Ana Acuña, e a concelleira de Educación e Benestar Social, Carme Fouces, este grupo de graduados e graduadas sénior puxo fin nesta xornada a tres anos de aprendizaxe no marco dun programa aberto a calquera persoa maior de 55 anos.

A “curiosidade por aprender” e a “sabedoría da experiencia” foron destacados como as principais características desta décimo primeira promoción por Ana Acuña, que agradeceu na súa intervención o “labor imprescindible” do seu predecesor na coordinación do programa no campus, o profesor José María Gil, encargado de entregar os diplomas aos graduados e graduadas nun acto que contou coa actuación do coro do campus e no que a deputada autonómica e profesora deste programa Patricia Vilán exerceu como madriña académica.

gal8

Acuña animou tamén a este grupo a retornar ao campus no novo curso e continuar os seus estudos no novo Ciclo de Integración do novo Programa de Maiores que vén de ser aprobado en Consello de Goberno. De presentar brevemente as súas novidades encargouse Miguel Ángel Nombela, que explicou que o ciclo que veñen de remata terá a partires de agora unha “maior flexibilidade”, ao non estar as materias vinculadas xa a un curso concreto, polo que, “dentro dunha oferta global, o alumnado poderá cursalas cando queira”. No relativo ao segundo ciclo, no que as materias son as mesmas que as dos estudantes de grao, “a novidade será que se lles fará un recoñecemento adicional de especialista” en Humanidades, Ciencias, Tecnoloxía ou Xurídico-Social a aqueles que nos que cando menos 24 dos 36 créditos cursados se correspondan a un ámbito concreto.

gal10 Mais, ademais de mirar cara o futuro, o acto no que Rubén Pascual interveu en representación do alumnado serviu tamén para poñer en valor o aplicado e implicado deste grupo de alumnos e alumnas. “Sempre sodes os primeiros en chegar e os últimos en marchar”, salientou o vicerreitor, aludindo a súa propia experiencia co estudantado sénior, antes de animar aos novos titulados e tituladas a seren “os mellores embaixadores dunha Universidade e un campus que sempre será a vosa casa”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment